O galego

A lingua dos mariñeiros, gandeiros e labregos.

Para calquer idade, selo da nosa identidade.

Meigas, bruxas, queimada, sapos e curuxas.

Lobishome e peitos-lobo, lendas que se fraguan entre os pobos.

Do ribeiro o albariño, dende Fisterra o Sacra do Miño.

Non só en maldicións e penas, o galego fálase tamén nas verbenas.

“Muíños a moer, mallas do trigo nos penedo anchos… máis tarde repostaremos nos furachos.”

Lingua túa, daqueles e miña, só quen a fala entende a morriña.

Fanlando, eu conxugo, vendo o ‘Celta’, o ‘Depo’ ou ‘Lugo’…

O galego de gaiteiros e feirantes. Idioma de moitos emigrantes.

Xente que a usa da noite o día, igual que Castelao, Pedrayo ou Rosalía…

 

“O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén!”

1.jpg